Cómo Mercar

1. Engada produtos á cesta.
2. Para proceder ao pagamento, prema a icona do carriño.
3. Comprobe os produtos e as cantidades na cesta. Nesta etapa aínda pode modificar os datos.
4. Elixa a opción de rexistrarse ou comprar sen rexistro. No primeiro caso, os seus datos gardaranse para as seguintes visitas.
5. Introduza os datos de envío. O seu teléfono  servirá  exclusivamente para facilitar a entrega.
6. Se todos os seus datos son correctos, pulse a tecla “CONFIRMAR”.
7. Para confirmar o pedido ten que escoller o tipo de pagamento e/ou envío. Se realiza o pagamento cunha tarxeta, será redirixido á pasarela de pagamento do noso banco. É importante que siga o proceso premendo CONTINUAR ata que apareza o seu número de pedido. No caso de confirmar una compra con pagamento por transferencia,  na seguinte pantalla verá os datos bancarios para realizar o pagamento xunto co número de pedido. Pregámoslle que no concepto de transferencia poña o número de referencia do pedido. Os datos bancarios son os seguintes:
Entidade: La Caixa
Nº Conta: 2100 4832 32 22 00132544
Titular: Francisco González Paz

Se solicita pagar con Pay Pal será redirixido ao servidor de Pay Pal.
8. Recomendámoslle gardar os datos do pedido para futuras consultas. De todos os xeitos, recibirá un email confirmando o pedido cos seus datos.

Envíos

Bilurico express  mensaxaría ecolóxica, realizará os envíos en Ourense cidade, cun custo de 3 eu por paquete.
Envialia encargarase de realizar todos aqueles pedidos na provincia de Ourense e o resto da península (6.66 eu ata 5kg, cun recargo de 0,87 eu por cada kg extra) e Baleares (cunha tarifa especial). O tránsito ás Baleares vía marítima amplíase nun  día adicional. Os envíos só se realizan dentro do territorio nacional exceptuando As Canarias, Ceuta e Melilla, onde non se realizan pedidos.

Se a súa compra excede o tamaño das caixas de Galicia Orixinal (20x30x13cm) farémoslle chegar varios vultos do tamaño mencionado. Se se trata de viños ou licores podemos facerlle chegar o seu pedido en caixas acondicionadas para este tipo de artigos.

A prestación dos servizos efectuarase en días laborables e de luns a venres, agás o servizo complementario de entrega, en sábado. No cómputo temporal do servizo contratado  excluiranse os días festivos no lugar de destino. Os prazos contractualmente pactados para a entrega dos portes enténdense  sen prexuízo dos atrasos que se puidesen ocasionar  por motivos de forza maior ou caso fortuíto (temporais, neves, cortes de estrada, folgas, trámites ou outras actuacións da Administración e/ou Aduanas, atrasos das compañías aéreas e/ou navieiras, etc.).