• Queixo de ovella
    O Rexo (grande)

  • Casa: Granxa-Escola O Rexo
  • Orixe: Requeixo de Valverde, Allariz, Ourense
  • Peso: 700-800 grs.
  • PREZO 15.50€
    Cantidade:
  • IVA incluído en todos los productos


Criadas no corazón da Reserva da Biosfera de Allariz, varios rabaños de ovellas Latxas e algúns exemplares de Assaf pacen nos verdes prados das ribeiras do río Arnoia, rodeado de bosques de carballos, nun contorno natural privilexiado .

Trátase dun queixo de ovella elaborado a base de leite non pasteurizado, para aproveitar ao máximo o sabor das bacterias lácticas que leva o leite producido de forma natural, e unha maduración media de 3 meses.

Cata:  Destaca a cremosidade e firmeza da súa pasta, cunha cor que vai desde o marfil do seu núcleo ao amarelo palla do seu cerco. Posúe un aroma intenso, lixeiramente picante e ácido no padal. Aprécianse o equilibrio e o carácter propio do gusto picante e salgado, cunha persistencia natural na boca.

Conservar nun lugar fresco e seco. Recoméndase gardar na neveira unha vez aberto e poñelo a temperatura ambiente durante 15 minutos, antes da súa degustación.