• Mel multifloral Abella voa

  • Casa: Mel e punto
  • Orixe: A Bola, Ourense
  • Peso: 500 grs.
  • PREZO 4.80€
    Cantidade:
  • IVA incluído en todos los productos


Abella voa é un produto 100% natural, no que non se empregan tratamentos antibióticos. Un mel puro, extraído de colmeas situadas nos fértiles bosques do concello da Bola, na área de Allariz, unha zona declarada pola Unesco Reserva da Biosfera e onde podemos encontrar unha gran diversidade de flora autóctona, destacando especialmente a presenza de carballos e castiñeiros. Ademais, conta  co  selo de garantía de Mel de Galicia, asegurando así  a súa trazabilidade.
 

Abella voa é un mel extraído en frío, que se deixa repousar durante días e que posteriormente se filtra para separar os restos de cera natural, conservando así todas as súas propiedades nutritivas.