• Sameirás branco

  • Tipo de uva: Treixadura, Albariño, Godello, Lado e Loureira
    Anada: 2014
    Denominación: Ribeiro
    Adega: Adega Sameirás, Santo André, Ourense
    Volume: 75 cl
    Gradación: 13% Vol
    Temperatura de servizo: 8º-10º
  • PREZO 10.50€
    Cantidade:
  • IVA incluído en todos los productos


Falar do viño branco Sameirás é falar das ribeiras do río Avia, dun minucioso coidado e amor pola terra e os seus froitos, do nome dunha pequena bodega con innumerables galardóns nacionais e internacionais... e é nomear un dos mellores viños de "colleiteiro" de toda a comarca do Ribeiro. Trátase dun viño especial, elegante, no que as variedades autóctonas se fusionan á perfección, aportando no seu conxunto un caldo saboroso, suave e equilibrado. Treixadura, Albariño, Godello, Lado e Loureira, uvas seleccionadas acio a acio de entre 6 hectáreas repartidas en diferentes parcelas. Ribeiro puro.
 
Cata: Cor amarela rubia con irisacións verdes, límpido. Na boca resulta intenso con matices de mazá, pera e marmelo asociados a notas herbáceas de loureiro e floral de mimosa. Persistente e delicado amargor en retrogusto final, que remata con elegancia. Boa harmonización con carnes e mariscos.