• Toalde

  • Tipo de uva: Mencía
    Anada: 2012
    Denominación: Ribeira Sacra
    Adega: Roberto López Regal, O Saviñao, Lugo
    Volume: 75 cl
    Gradación: 13% Vol
    Temperatura de servizo: 16-18º C
    Prezo:
    Cantidade:
    IVE incluído en todos os produtos
     
  • PREZO 11.00€
    Cantidade:
  • IVA incluído en todos los productos


Toalde é un caldo monovarietal, cultivado en 2 hectáreas de terrazas situadas en terreos con máis dun 65% de desnivel. Un viño que segue os principios de sostemento, preservando a autosuficiencia da cepa e con especial celo por manter o carácter da terra da que procede, a Ribeira Sacra, situada entre as provincias de Lugo e Ourense; unha comarca coñecida secularmente pola súa tradición vinícola e os seus mosteiros románicos, embebidos nun contorno natural de gran beleza. Toalde harmoniza ben con carnes, caza, guisos, e o famoso “polbo á feira”.


Cata: Visualmente, posúe unha cor vermella picota con reberete violáceo e boa lágrima; no nariz ten  intensidade media-alta e resulta complexo, con matices de froita vermella, froitos do bosque e un notable aporte mineral. Na boca posúe unha cremosidade que lle dá volume, un carácter atlántico que lle aporta acidez, e aromas de froita negra con lixeiros toques de licor, rematado por notas de regalicia negra no retrogusto. Un excelente exemplo de tipicidade da variedade raíña da Ribeira Sacra: a uva Mencía.