Cosmética

Galicia Orixinal entra no mundo da cosmética da man de Xabón D' Allariz, unha casa artesá situada na reserva da Biosfera desta comarca que elabora xabóns de leite de burra ao que se lles engaden diferentes esenzas de prantas e flores naturais. Un produto 100% xenuino, que provén da Asociación ANDREA, unha explotación adicada ademais á terapia con asnos para persoas con diferentes minusvalías.