Embutidos

Desde Sarria,  o corazón  de Lugo, coñecida en Galicia como unha das rexións emblemáticas do porco, Galicia Orixinal aposta por presentar a casa Teijeiro, unha empresa familiar que dedica o seu bo facer á fabricación, salgadura e curado de embutidos. De entre todos os seus produtos, Galicia Orixinal quixo elixir o rei da granxa: o porco celta, unha raza galega de porco que estivo a piques de extinguirse, pero que grazas ao coidado e preocupación dalgúns granxeiros puido sobrevivir ata  os nosos días, e é polo seu bo traballo que hoxe podemos saborealo. O coidado do porco celta esixe que vivan en liberdade nos soutos, bosques centenarios de castiñeiros e carballos, alimentándose de castaña e belota; de aí o seu sabor único, que conquistou  xa a todos os que o degustaron.