Queixos

Falar de “queixo” en Galicia é falar dun dos mellores produtos que ofrece a nosa terra. As queixarías que poboan a  nosa  xeografía fixeron dunha tradición ancestral un modo de vida e unha forma de engadir valor ás súas explotacións gandeiras. Produtos realizados por familias que pastorean, alimentan e moxen os seus pequenos rabaños, para fabricar de modo artesanal os queixos que dan renome a esta puxante industria artesá.


En Galicia Orixinal achegámoslle algúns dos exemplos máis auténticos e  máis orixinais  dentro do mundo do queixo galego. Coñeza con nós os saborosos exemplos dalgúns queixos singulares da nosa terra, como un queixo galego de cabra en aceite de oliva ecolóxico ou un elaborado  con leite 100% de ovella. Quen dixo que en Galicia só hai queixo de vaca?