Licores

O saber facer e a experiencia nas elaboracións dos licores e augardentes de Galicia recoñécense máis alá das nosas fronteiras. Froito da destilación das mellores augardentes de uva, provenientes dalgunhas das variedades autóctonas más renomeadas (Albariño, Mencía, Dona Branca, Godello...), as augardentes galegas de Galicia Orixinal representan, como poucos produtos, la auténtica tradición e a historia da nosa terra. En Galicia Orixinal escollemos uns licores e augardentes totalmente naturais, sen aditivos nin colorantes, nos que se emprega só materia prima da máxima calidade e unha destilación artesanal, transmitida de pais a fillos. Desde Galicia Orixinal, e a través dunha esmerada selección das mellores bebidas espirituosas, rendemos homenaxe a esa forma de elaborar e facer destilados.