Conservas

Galicia Orixinal presenta un dos estandartes da alimentación en Galicia: as súas famosas conservas de pescado e marisco. Para iso, mergullámonos ao longo das rías galegas ata dar con algunhas das mellores conservas artesás de pescado realizadas na nosa terra, sen esquecermos as algas das nosas costas, recoñecidas internacionalmente como as novas xoias do Atlántico galego. Produtos galegos 100% naturais e da máxima calidade, provenientes de pesca artesá e tradicional. Porque o noso mar é de todos.

Ademais das nosas conservas de mar, Galicia Orixinal busca os envasados dos produtos más exclusivos da terra, presentando, segundo a tempada do ano, os seus produtos máis recoñecidos e de maior calidade.