Marmeladas

Galicia Orixinal presenta as marmeladas ecolóxicas de Tuta Fruta, unhas delicadas mesturas de variedades froiteiras e froitos do bosque, realizadas artesanalmente nunha fermosa eco granxa situada en Ferreira de Pantón, moi cerca do corazón da impoñente Ribeira Sacra. Pexego con casca de limón, ameixa e noz, froitas do bosque, framboesa, provenientes da súa pequena explotación e algúns cultivos de agricultores veciños. Froitos tratados co esmero, respecto ambiental e valor que se lle dá aos cultivos amparados pola denominación de agricultura ecolóxica de Galicia, desde o seu tratamento inicial na horta ata o último proceso da súa elaboración.