Viños

En Galicia Orixinal escollemos unha selecta variedade de viños brancos e tintos, ademais dalgunhas outras elaboracións... para degustar o auténtico espírito da Galicia do viño; e todo iso a tan só un clic.

Presentamos os caldos e variedades de uva máis representativas de cada unha das 5 D.O. de Galicia: Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras. Unha coidada selección a través da que Galicia Orixinal leva á súa mesa algúns dos mellores viños de “colleiteiro”, elaborados en pequenas superficies, realizados exclusivamente con uvas autóctonas e co maior e mellor dos coidados por parte dos seus produtores.

Unha escolma na que fundamentalmente prima o criterio de diferentes expertos en viño galego, como a AGV (Asociación Galega de Viticultura) e as recomendacións de Luis L. Paadín, director da edición anual da Guía de vinos, destilados e adegas de Galicia.