Filosofía

 

Compromisos de Galicia Orixinal

  • Traballamos exclusivamente con pequenos produtores que producen en Galicia.
  • Os fornecedores de Galicia Orixinal reciben un prezo xusto para garantir a súa viabilidade.
  • Potenciamos a relación directa entre o produtor e o consumidor final.
  • Todas as nosas elaboracións se realizan de modo natural e son producións limitadas.
  • Os nosos artigos son produtos autóctonos, de procedencia galega.
  • Garantimos la trazabilidade (orixe, composición e elaboración de cada artigo) e a artesanía
  • dos nosos produtos, asegurando que son alimentos saudables e de calidade.
  • Apostamos polo desenvolvemento sustentable do medio rural e os valores ecolóxicos.
  • Poñemos en valor os produtos máis orixinais e auténticos, e as súas manufacturas.
  • Fomentamos a cooperación e o asociacionismo como claves na explotación de recursos naturais.
  • Promovemos a produción local, loitando contra o abandono do medio rural.

Galicia Orixinal é algo máis ca unha plataforma online de venda de produtos galegos de calidade, é un intercambio xusto e próximo entre o produtor e o cliente. Nesta relación directa, Galicia Orixinal selecciona os mellores produtos galegos realizados por pequenos produtores ao longo de toda Galicia, promóveos co coidado que merecen e lévaos ao seu fogar.


Porque os produtos que promovemos e distribuímos representan persoas, formas de vida, lugares… e o noso obxectivo final non é soamente que o cliente adquira un produto, senón que goce dunha vivencia única e coñeza onde, como e quen elabora estes produtos, sabendo que a súa compra axuda os pequenos produtores e, por extensión, o sostemento, a artesanía e o respecto ambiental.
Galicia Orixinal é un concepto desenvolvido por Paco Paz  e Agnes  Kurpisz.