Condicións de venta

Condicións de venda
A compra de produtos ou servizos a través do portal “GALICIA ORIXINAL implica a aceptación por parte do Usuario das Condicións de Contratación, das Condicións de Venda aquí expostas e da Política de Privacidade.


As Condicións de Venda son as seguintes:


A. PREZOS
Os prezos dos produtos exprésanse en euros (€), con todos os impostos incluídos; non se inclúen os gastos de xestión e envío, cuxo importe se indicará no momento da confirmación definitiva de cada pedido.
O Responsable de “GALICIA ORIXINAL” resérvase o dereito de modificar os seus prezos en todo momento, pero os produtos facturaranse sobre a base das tarifas vixentes no momento no que se rexistre o pedido.
Os produtos serán propiedade do Responsable de “GALICIA ORIXINAL” ata que se aboe por completo o seu prezo.


B. FORMAS DE PAGAMENTO.
Pódese elixir entre las seguintes formas de pagamento:
Tarxeta de crédito.
Transferencia Bancaria.
Pay Pal.
No caso da tarxeta de crédito o sistema é similar ao utilizado por un caixeiro electrónico ou unha compra nunha tenda física, os datos transmítense directamente mediante a pasarela de pagamento  da Caixa á entidade bancaria do Usuario, que é quen acepta ou rexeita o pagamento. En ningún momento o Responsable accede aos datos bancarios do Usuario.
En canto á transferencia bancaria, os datos para ingresar o pagamento  son os seguintes:
Entidade: La Caixa
Nº Conta: 2100 4832 32 22 00132544
Titular: Galicia Orixinal/Francisco González Paz
Contra reembolso: O importe total da factura aboarase ao transportista cando entregue o pedido. Este servizo leva a unha comisión do transportista en concepto de xestión do cobro. O total do importe a pagar, que corresponde á Compra + Gastos de Transporte + Comisión Reembolso, notificaráselle previamente á confirmación do pedido.


C. FORMA DE ENVÍO E PRAZO
Os produtos adquiridos en “GALICIA ORIXINAL”  enviaranse ao enderezo postal  indicado polo Usuario mediante servizo de mensaxaría nun prazo comprendido entre os 2 e 5 días desde a recepción do pagamento (salvo que se optara polo pagamento contra reembolso que se empezará a contar desde que se realiza o pedido).
Os gastos de envío serán comunicados ao Usuario no momento da realización do pedido do produto e son variables en función do peso e  do destino do mesmo.
En caso de que o pedido se atrase ou non chegue ao seu destino, o Usuario pode dirixirse ao Responsable de “GALICIA ORIXINAL” enviando un correo electrónico a  info@galiciaorixinal.com . Tamén pode poñerse en contacto a través do teléfono 988 98 16 13 en horario comercial, de luns a venres.
En caso dunha devolución debido á imposibilidade de entregar o pedido (enderezo  do destinatario incorrecto, prazo de recollida finalizado, etc.) o Usuario é automaticamente notificado mediante correo electrónico. Se o Responsable non obtén noticias por parte do Usuario nos próximos 3 días a partir da recepción do correo electrónico, o Responsable resérvase o dereito de cancelar o pedido.


D. DEVOLUCIÓN E DESESTIMENTO
O Usuario poderá realizar devolucións, sempre e cando non se trate dun produto fresco ou perecedoiro, durante os seguintes 14 días naturais a contar desde a recepción do produto. Para poder devolver un produto deberá enviarse no envoltorio orixinal e en perfectas condicións. Para iso deberá poñerse en contacto co Responsable de “GALICIA ORIXINAL” enviando un correo electrónico a info@galiciaorixinal.com, e proceder posteriormente ao envío do produto por mensaxaría a Rúa do Bierzo nº 5 B, 1ºB Ourense C.P. 32004. Os gastos orixinados pola devolución correrán a cargo do Usuario.


No caso de que o Usuario reciba un produto defectuoso, sufrira algún dano durante o envío ou recibira o produto erróneo, deberá poñerse en contacto co Responsable de “GALICIA ORIXINAL” no prazo máis breve posible enviando un correo electrónico a info@galiciaorixinal.com. Neste suposto, o Responsable de Galicia Orixinal recollerá, sen gastos, o produto mediante empresa de mensaxaría e, unha vez recibido e comprobado o dano causado, procederase  ao reembolso das cantidades satisfeitas polo Usuario, ou se o prefire, ao cambio do produto sen cargos adicionais.


Se o erro fora debido ao transporte, ou a embalaxe non chegara en boas condicións, deberase facer constar no albará de entrega do transportista.


Para máis información pode poñerse en contacto con info@galiciaorixinal.com

 

Atrás